Premios aos mellores PFC de desenvolvemento de aplicativos libres para a localización (l10n)
A Asociación Proxecto Trasno anuncia a convocatoria dos Premios aos mellores PFC de desenvolvemento de aplicativos libres para a localización (l10n).
Coa concesión destes premios preténdese incentivar o desenvolvemento de software libre orientado á creación e mellora de ferramentas para o apoio da localización.
Poderán optar a estes premios os estudantes universitarios con proxectos de fin de carreira presentados durante os cursos académicos 2010-2011 ou 2011-2012, relativos aos campos da localización e a tradución xa sexa de software ou de documentación, ou de apoio lingüístico ao galego, podendo tamén seren aplicables a calquera outro idioma. Os proxectos deberán contar cunha implementación funcional publicada baixo licenza libre compatible coa GNU GPL segundo a FSF, e empregarán ineludibelmente tecnoloxías libres e estándares abertos.
Creador da linguaxe de programación C e desenvolvedor clave do sistema operativo Unix, co-autor do libro definitivo sobre C, «a linguaxe de programación C»
Para os que non saben quen é 

Estamos a artellar unha xuntanza o sábado día 20 (de agosto) no «chiringuito» do parque forestal de Beade (á beira da Universidade). Temos que conformarnos con facer unha churrascada no chiringuito ao non puider facer lume nas parrillas do parque, mais despois desprazaremonos (con sorpresa) para un punto do parque no que podermos facer o índio todo o que mellor saibamos ou poidamos.