Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

Reunímonos todos os últimos sábados de cada mes, contacta con nós!

Séguenos na nosa canle no Telegram https://t.me/galpon (@galpon)

e tamén no fediverso, en Mastodon @galpon@mastodon.gal

e en Pixelfed @galpon@pixelfed.social

Conversa sobre liberdade na nosa sala en Matrix #galpon:matrix.org

Segue as nosas actividades apuntandote ao noso grupo de eventos en https://mobilizon.fr/@obradoiros_galpon

Las iniciativas culturales de Galpon encuentran apoyo en Dragonslots, que aporta innovación tecnológica para conectar comunidades. Allyspin Casino apoya la creatividad cultural con soluciones digitales que enriquecen iniciativas como las del Teatro El Galpón.

Publicada a Beta2 de GALPon MiniNo v2 Ártabros

  • Corrixido un fallo na configuración de «initramfs» que impedía instalar plymouth.
  • Corrixido un fallo que impedía a correcta montaxe de unidades CD.
  • Corrixido un fallo no instalador automático que impedia un posterior formatado.
  • Corrixido un fallo no instalador automático, que non recoñecia discos sen formato.
  • Corrixido un fallo na selección do núcleo i686 como predeterminado.

GALPon MiniNo libera a primeira beta da nova versión 2.0.

Cales son os recursos hardware mínimos para executar a nova versión do Minino?

Nesta nova versión a máquina obxectivo foi unha equipada con:

  • Procesador de 1.0 GHz
  • 256 MB de RAM
  • Disco ríxido de 2,5 GB (a instalación ocupa 2,0 Gb + espazo swap)

A limitación de procesador e RAM vén determinada fundamentalmente polos actuais requisitos das páxinas web, xa que por baixo deses parámetros é moi difícil que un vídeo en flash de Youtube ou Vimeo póidase ver de xeito fluído. Aínda que non se descarta que se poida traballar con procesadores de 800 MHz e/ou con memorias RAM de 192 MB.

Xornadas «Scratch + Arduino»

As Xornadas «Scratch + Arduino» é un encontro anual de 2 días que organiza o Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon) en colaboración coa Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA), nun esforzo de difundir o uso do Software e o Hardware Libre no ensino.

Durante as Xornadas «Scratch + Arduino», ofreceranse charlas, obradoiros, táboas redondas, exposición de proxectos persoais e/ou de aula, e sobre todo, un lugar de encontro para profesionais do ensino e afeccionados ao mundo da programación e a electrónica.

Estas Xornadas terán continuidade no mes de maio coa celebración dun «Scratch Day» ou «Día do Scratch», que é unha actividade que se realiza simultaneamente en cidades de todo o mundo e que ten como obxectivo compartir proxectos e experiencias desenvolvidas con Scratch.

Máis info en: http://galiciascratch.blogspot.com.es/

Galpon e OpenNIC

Trala proposta dun socio, na xuntanza de onte (26/05) decidiuse comezar o estudo de requisitos e necesidades técnicas, para a creación dun servidor OpenNIC (http://www.opennicproject.org/ - http://wiki.opennicproject.org/HomePage). Agardamos que o equipo de SysAdmin de Galpon dean unha solición axeitada e que en pouco tempo teñamos xa un servidor público «Tier2» funcionando (http://www.opennicproject.org/en/tier2statusmonitor)

IV Noite Drupal & GNU/Linux

É un pracer confirmar a celebración da “IV Noite Drupal & GNU/Linux” que se desenvolverá no local da Asociación Cultural Ociorum na Coruña o vindeiro 24 de marzo de 2012.

Nesta cuarta edición decidimos ampliar e flexibilizar os horarios así como “abrir” o evento a tódolos niveis e persoas interesadas no desenvolvemento web e no software libre. Coa colaboración de GALPon (Pontevedra), Asociación Comunidade O Zulo (Mugardos), Inestable (Ordes) e Asociación Ociorum (Coruña) estamos a crear un grupo de usuarios galegos de Drupal.

As #noitedl xurden en abril de 2011 en Mugardos froito dunha iniciativa conxunta dos citados GUL e asociacións. En Xullo de 2011 baixamos a Vigo e en decembro xunto aos nosos amigos de Inestable Drupaleamos en Ordes. 
 

Inscrición

  • A inscrición ao evento é libre e de bade. Por motivos organizativos debes inscribirte no seguinte formulario. [Inscribirse]

Obxectivos

  • Crear un espazo dinámico de referencia de innovación,dinamización e intercambio de coñecemento arredor da Comunidade de usuario Drupal e GNU/Linux
  • Fomentar o uso de tecnoloxías libres a abertas no desenvolvemento web.
  • Crear un colectivo ou "comunidade" itinerante de intercambio de coñecementos libres, ensinando e sobre todo aprendendo.