Proxecto Trasno organiza o «Encontro ibérico de tradutores de software libre a linguas minorizadas»
Os nosos compañeiros de Proxecto Trasno organizan un encontro cos equipos de tradución de SwL aos idioimas minorizados do estado español, concretamente cos equipos Librezale (Euskal Herria), Softcatalá (Catalunya), Softastur (Asturies) e Softaragonés (Aragón).
GALPon, a xeito de colaboración, aporta a este encontro unha bolsa coa que poder facer fronte ao alugueiro dun cuarto de hostal para os trasnegos que teñan que desprazarse a santiago de Compostela. Asemade colabora no aloxamento da páxina web.